Que é o Galeoke?

O proxecto Galeoke é a plasmación do traballo de creación dun xogo de concurso-karaoke completo ao estilo do Singstar de Sony.

O proxecto consiste nunha plataforma web onde estará dispoñíbel todo o material necesario para poder utilizar o xogo, tanto o software para computador como as cancións e os manuais para o seu uso; sendo todo o contido de libre distribución, ou no seu defecto, liberado con permiso de distribución especificamente para o proxecto.

O software utilizado está baseado en UltrastarDX con lixeiras modificacións e compilado para as plataformas non soportadas na páxina oficial: MAC e GNU/Linux (Debian). Manteranse tamén compilacións para Windows, de tal xeito que o idioma por defecto do xogo sexa o galego.

O proxecto Galeoke ten dúas frontes abertas nestes momentos:

  • Un proxecto de promoción de grupos e solistas que forman parte da plataforma Komunikando coa creación dun producto específico.
  • Creación dun catálogo xenérico de cancións de grupos e artistas diversos, co fin de podermos facer a presentación oficial do proxecto durante as festas do Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela, no mes de Xuño (vexa http://fbsp.info para saber máis).