O Galeoke

Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate entonando algún dos grandes éxitos da nosa música popular.

Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero dímonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto. Pero se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome!

E de aí saiu a idea do Galeoke, da necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua.

Nos próximos días estará dispoñible o Galeoke Volume 2 nas tendas de discos e nas librarias de todo o país.

Nesta páxina podes ver o tracklist do volume 2.

Novas

* Presentación do Galeoke Vol. 2:

Os días 2, 3 e 4 de Decembro faremos a presentación oficial do Galeoke Volume 2 no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O xoves 15 de Decembro faremos a festa de presentación na Casa das Crechas ás 22:30h.

Agardámosvos!

* Festa - Presentación do Galeoke na Casa das Crechas:

Este Xoves 23 de Decembro faremos unha festa de presentación do Volume 1 do Galeoke na Casa das Crechas.

Agardamos que veñades a coñecer a nosa iniciativa, e que vos animedes a probalo.

Xa sabedes, ide afinando as gorxas!

* Consegue un código promocional do Galeoke co Consello da Cultura Galega:

O Consello da Cultura Galega agasalla catro códigos da demo do Galeoke a trevés dun sorteo. Podedes ver as bases no seguinte enderezo:

http://culturagalega.org/promocion_detalle.php?id=17984

* O Volume 1 estará dispoñible en Nadal:

A partir do 21 de decembro poderás atopar o Galeoke nas tendas de discos e en www.toupa.net

* Arrancando motores:

O proxecto Galeoke está en marcha, esta fin de semana presentarémolo no CulturGal, en Pontevedra, e en Nadal estará na rúa.

Iremos informando de como evoluciona o proxecto.

Facebook